Descrición

Lavadoiro de pedra, de base rectangular, encravado no terreo. A súa auga provén dunha fonte, coa que forma conxunto, que sae dun muro de mampostería de peche. Conta cunha cuberta de tella cerámica curva sobre unha estrutura de madeira e columnas de pedra.

Galería fotográfica

Emprazamento

Este lavadoiro está situado na estrada PO-313 (Marín-Moaña), parciamente edificada e urbanizada. Atópase na mesma rúa, fronte á encrucillada dun camiño, con edificacións de unha e dúas alturas nas inmediacións, na súa maioría unifamiliares.

Localización

Lugar: Vista Alegre

Parroquia: San Xulián

Mapa de Localización

Foto 360