Descrición

Lavadoiro de pedra, de base rectangular, soterrado un metro, aproximadamente, baixo o nivel do terreo, e con acceso mediante escaleiras.

Conta cunha cuberta sobre unha estrutura de madeira e columnas revestidas de pedra. Ademais, ten uns cerramentos laterais (en dous dos seus catro lados) a base pedra. Forma conxunto cunha fonte.

Galería fotográfica

Emprazamento

Este lavadoiro está situado a uns 20 metros da estrada, ao que se accede a través dun camiño entre dúas vivendas. Nas proximidades atópanse edificacións de dúas e tres alturas, na súa maior parte vivendas unifamiliares.

Localización

Lugar: Sete Espadas, na estrada que une A Porteliña con Cruceiro do Vento.

Parroquia: San Xurxo de Mogor.

Mapa de Localización

Foto 360