Descrición
Lavadoiro de pedra, de base rectangular, adosado a dous muros de mampostería de contención do terreo. A auga provén dunha fonte, coa que forma conxunto, situada nun dos peches laterais. Conta cunha cuberta sobre unha estrutura de madeira vista e columnas de pedra. Así mesmo, con cerramentos verticais laterais de mampostería en dúas das súas catro fachadas, un deles coa citada fonte de auga.
Galería fotográfica
Emprazamento
O lavadoiro atópase próximo á estrada PO-551 (Marín-Bueu) parcialmente edificada. Está situado nun camiño de forte pendente, que nace na citada estrada, de acceso a diferentes parcelas de vivendas unifamiliares en maior medida.
Localización
Lugar: Bagüín
Parroquia: San Xurxo de Mogor