Descrición
Lavadoiro de muros de pedra, de base rectangular, lixeiramente soterrado con respecto á rúa. A súa auga provén dunha fonte, coa que forma conxunto, con canle pegada ao lavadoiro. Conta con cuberta a unha soa auga con estrutura de madeira e tella cerámica curva. Conta con un cerramento lateral en pedra.
Galería fotográfica
Emprazamento
Este lavadoiro atópase na estrada que une Esperela e O Pozo. Está situado ao lado do vial, nunha zona de hortas e ao carón dunha fonte. Nas inmediacións hai edificacións de unha e dúas alturas, sobre todo unifamiliares.
Localización
Lugar: Esperela
Parroquia: Santo Tomé de Piñeiro