Descrición

Lavadoiro de pedra, de base rectangular, ao nivel do terreo. Ten unha cuberta de fibrocemento a dúas augas, sobre estrutura de viguetas prefabricadas de formigón armado, que se apoia en columnas cadradas do mesmo material. Non ten peches laterais e forma conxunto cunha fonte.

Galería fotográfica

Emprazamento

O lavadoiro atópase no camiño de acceso a terreos rústicos próximos ao núcleo rural de Currás. Está situado a un lado deste camiño, xunto a unha fonte.

Localización

Lugar: Currás

Parroquia: Santa María do Campo

Mapa de Localización

Foto 360