Descrición

Lavadoiro de pedra, de base rectangular, con entrada a nivel da rúa. Dispón dunha cuberta inclinada a unha soa auga, de estructura de madeira e tella cerámica curva con columnas de pedra. Carece de cerramentos laterais, salvo un pequeño muro de pedra para a contención do terreo ata a altura da rúa, permitindo a entrada de luz natural. Recentemente rehabilitado.

Galería fotográfica

Emprazamento

Este lavadoiro atópase nunha encrucillada de rúas con edificacións de dúas e tres alturas nas inmediacións, na súa maior parte unifamiliares. Está xunto a un regato que atravesa o núcleo rural e desemboca na Praia do Santo. Forma conxunto cunha fonte.

Localización

Lugar: Casás

Parroquia: Santa María de Ardán

 

Mapa de Localización

Foto 360