Descrición

Lavadoiro de pedra, de base rectangular, un metro maís baixo do terreo e a carón dun noiro de contención dunha propiedade liindante. Conta cunha cuberta de tella curva e estrutura de madeira sobre columnas de pedra.
Recolle a auga dun regato próximo a través dunha canle labrada en pedra e forma conxunto con unha fonte.

Galería fotográfica

Emprazamento

O lavadoiro atópase na traseira dunha vivienda unifamiliar, a carón dunha fonte e próximo a un camiño con edificacións de dúas e tres alturas. Nas inmediacións está unha rúa de núcleo rural de uso para péons e vehículos.

Localización

Lugar: Casás

Parroquia: Santa María de Ardán

Mapa de Localización

Foto 360