Descrición
Lavadoiro de pedra, de base rectangular, soterrado un metro, aproximadamente, baixo o nivel do terreo que ocupa, contando para o acceso cunha escaleiras de baixada.
Dispón dunha cuberta formada por unha estrutura de vigas de madeira vista, a dúas augas e sobre columnas de pedra, e forma conxunto cunha fonte.
Galería fotográfica
Emprazamento
O lavadoiro atópase a uns 20 metros da estrada, próximo a unha vivenda e cunha diferencia de cota considerable. Nas proximidades atopamos edificacións de dúas e tres alturas, vivendas unifamiliares en maior medida.
Localización
Lugar: Avenida Aviador Calviño, na estrada PO-551 (Marín-Bueu), na zona do Monte.
Parroquia: San Xurxo de Mogor.