Descrición

Lavadoiro de pedra, de base rectangular, a nivel de rúa e encravado no terreo. A súa auga provén dunha canle de formigón prefabricado dende un muro de mampostería. Conta cunha cuberta de tella cerámica curva sobre unha estrutura de madeira apoiada columnas de pedra. Sen cerramentos laterais, a excepción dun muro de mampostería de contención do terreo superior.

Galería fotográfica

Emprazamento

O lavadoiro atópase nunha encrucillada de rúas, no interior do núcelo rural de Cabodevila, na estrada de acceso desde a PO-551 (Marín-Bueu). Ao seu carón predominan as edificación de dúas e tres alturas, na súa maioría unifamiliares.

Localización

Lugar: Cabodevila

Parroquia: Santa María de Ardán

Mapa de Localización

Foto 360