Descrición

Lavadoiro de pedra, de base rectangular, soterrado aproximadamente un metro no terreo con respecto á rúa. Dispón dunha cuberta mediante lousa inclinada de formigón armado, a dúas augas, sobre columna circular do mesmo material e muros de bloque para a contención do terreo próximo. Carece de cerramentos verticais laterais nas fachadas situadas cara á rúa, e forma conxunto cunha fonte.

Galería fotográfica

Emprazamento

O lavadoiro atópase na estrada de acceso o núcleo do Outeiro, escasamente edificada e urbanizada, de uso maioritariamente de vehículos. Está situado nun lateral da rúa, próximo a unha vivienda unifamiliar. Nas proximidades hai edificacións dunha e dúas plantas, na súa mayoría unifamiliares.

Localización

Lugar: Outeiro

Parroquia: San Xulián

Mapa de Localización

Foto 360