Descrición

Lavadoiro de pedra, de base rectangular, soterrado un metro con respecto ao nivel do terreo. Sen cuberta. Conta con cerramentos laterais de ladrillo vista en dous dos catro laterais e forma conxunto cunha fonte.

Galería fotográfica

Emprazamento

O lavadoiro atópase na estrada de San Xulián á Roza, parciamente edificada e urbanizada, que comparte uso peonil e de vehículos. Está situado a uns dez metros da mesma, nun camiño de acceso a unha parcela privada, e con edificacións de dúas e tres alturas, a maioría unifamiliares.

Localización

Lugar: A Roza

Parroquia: San Xulián

Mapa de Localización

Foto 360