Descrición
Lavadoiro de pedra, de base rectangular. A súa auga provén dunha fonte, coa que forma conxunto, que verte directamente dende unha das paredes de mampostería de peche. A cuberta está construida a base de forxado plano de formigón armado sobre columnas do mesmo material e muro de mampostería de contención do terreo. Conta cun cerramento vertical lateral de mampostería nun dos seus lados.
Galería fotográfica
Emprazamento
O lavadoiro atópase na estrada interna do Igrexario, parcialmente edificada e urbanizada. Está situado xunto a esta rúa, que dispón de edificacións de dúas e tres alturas, na súa maioría vivendas unifamiliares.
Localización
Lugar: Igrexario de San Xulián
Parroquia: San Xulián