Descrición

Lavadoiro de pedra, de base cadrada, a nivel de rúa, adosado a muros de mampostería vista. Cuberta inclinada, a unha soa auga, de placas de fibrocemento sobre viguetas de formigón prefabricadas, apoiadas nos propios muros e nunha columna cadrada do mesmo material sobre pilastra de pedra. Conta con cerramento en mampostería vista en dúas das súas fachadas como contención do terreo. Forma conxunto cunha fonte.

Galería fotográfica

Emprazamento

O lavadoiro atópase na estrada de acceso do lugar de O Pozo , parcialmente urbanizada e edificada con vivendas unifamiliares de dúas e tres alturas. Atópase a un lado do vial, nunha curva cerrada, xunto ao río Castiñeiras.

Localización

Lugar: O Pozo
Parroquia: Santo Tomé de Piñeiro

Mapa de Localización

Foto 360