Descrición
Lavadoiro de pedra, de base rectangular, soterrado medio metro baixo o nivel do terreo. A súa cuberta é plana, a base de estrutura de madeira sen cubrir (estilo pérgola) sobre columnas cadradas de pedra. Carece de cerramentos laterais verticais, deixando a entrada da luz natural por arriba e polos lados.
Galería fotográfica
Emprazamento
O lavadoiro está situado no interior da coñecida Finca de Briz, un auténtico paraíso natural e tamén para o ocio. Conta con zona de aventura, lagos, tobogáns, xogos integrados na natureza e unha ladeira dos sentidos.
Localización
Lugar: Finca de Briz
Parroquia: Santa María do Porto