Descrición

Lavadoiro de pedra, de base rectangular, a nivel de rúa. Dispón dunha cuberta de tella cerámica curva, a catro augas, sobre forxado horizontal de formigón armado, apoiado en vigas e columnas cadradas de formigón. Carece de cerramentos laterais.

Galería fotográfica

Emprazamento

O lavadoiro atópase pegado á estrada e ao lado da ponte situada xunto ao río Neibó. Nas inmediacións hai edificacións de dúas e tres alturas, maioritariamente vivendas unifamiliares.

Localización

Lugar: Troncosa

Parroquia: Santo Tomé de Piñeiro

Mapa de Localización

Foto 360