Descrición
Lavadoiro de pedra, de base rectangular, adosado a un muro de mampostería de contención. Dispón dunha cuberta de placas de fibrocemento sobre taboleiro cerámico, apoiados en lousa de formigón armado sobre columnas do mesmo material. Non ten cerramentos laterais, excepto un muro de mampostería de contención do terreo, de onde sae o caudal da fonte que surte ao lavadoiro.
Galería fotográfica
Emprazamento
O lavadoiro atópase a uns dez metros da estrada PO-313 (Marín-Moaña) e próximo a unha vivenda unifamiliar, con diferencia de cota considerable. Na zona hai vivendas de dúas e tres alturas, unifamiliares en maior medida.
Localización
Lugar: Miñán
Parroquia: Santo Tomé de Piñeiro