Descrición

Lavadoiro de pedra, de base rectangular, soterrado un metro baixo o nivel de terreo. Conta con cuberta de tella cerámica curva sobre unha estrutura de madeira e columnas revestidas de pedra. Forma conxunto cunha fonte.

Galería fotográfica

Emprazamento

Este lavadoiro está situado ao pé dunha estrada parciamente edificada e urbanizada. Atópase nunha encrucillada o carón da casa de cultura de Mogor. Nas proximidades hai edificacións de dúas e tres alturas, na súa maioría vivendas unifamiliares.

Localización

Lugar: Outeiro

Parroquia: San Xurxo do Mogor

Mapa de Localización

Foto 360