Descrición
Lavadoiro de pedra, de base rectangular, a nivel de rúa e encravado no terreo. A súa agua provén dunha canle de pedra labrada procedente dun regato próximo. Dispón dunha cuberta de tella cerámica curva sobre unha estrutura de madeira e columnas de pedra. Non ten cerramentos laterais.
Galería fotográfica
Emprazamento
O lavadoiro atópase próximo ao núcelo rural de Pastoriza, a un lado da estrada e nunha zona de hortas. Nas inmediacións hai edificacións de dúas e tres alturas, vivendas unifamiliares en maior medida.
Localización
Lugar: Pastoriza
Parroquia: Santa María de Ardán