Descrición

Lavadoiro de base rectangular e a unha cota menor ca do terreo. Está situado ao carón do río Loira, do que recibe a auga coa que se abastece. Conta cunha cuberta de fibrocemento inclinada sobre unha estrutura de formigón armado e columnas do mesmo material. Dispón dun cerramento lateral nun só lado sen chegar a cuberta. Este lavadoiro conta cun sistema propio que lle permite aportar máis ou menos caudal a un muiño situado nas proximidades.

Galería fotográfica

Emprazamento

Está situado nunha zona que se caracteriza por estar rodeada de natureza, con parcelas de árboles e hortas, preto da estrada que une Seixo co lugar da Torre.

Localización

Lugar: Seixo

Parroquia: Nosa Señora do Carme de Seixo

Mapa de Localización

Foto 360