Descrición
Lavadoiro de pedra, de base rectangular, a nivel de rúa e pegado a un valo de cachotaría vista. Conta cunha cuberta de tella cerámica curva sobre unha estrutura de madeira e columnas de pedra. Dispón dun cerramento lateral de cachotaría contra terreo unha das súas fachadas. Forma conxunto cunha fonte.
Galería fotográfica
Emprazamento
O lavadoiro atópase na estrada de Carregal a Viñas Blancas, escasamente edificada e urbanizada, de uso para vehículos e peóns. Está situado nunha encrucillada de camiños, en zona de hortas.
Localización
Lugar: Carregal
Parroquia: San Xulián