Descrición
Lavadoiro de pedra, de base rectangular e moi alongado, soterrado lixeiramente baixo o terreo. A súa cuberta só abarca a zona central do lavadoiro, quedando ao aire libre os seus dous extremos. Está formada por tella cerámica curva sobre estrutura de madeira e columnas cadradas revestidas de pedra.
Galería fotográfica
Emprazamento
O lavadoiro está situado na estrada PO-313 (Marín-Moaña), urbanizada e edificada. Concretamente, situase a marxe esquerda nunha zona de hortas.
Localización
Lugar: Coirados
Parroquia: San Xulián