Descrición
Lavadoiro de pedra, de base rectangular, soterrado varios metros con respecto ao nivel do terreo, con escaleira de acceso. A súa auga provén dunha fonte, coa que forma conxunto, adosada ao lavadoiro e que sae dun dos peches laterais.
Conta cunha cuberta de tella cerámica curva sobre forxado inclinado de formigón armado, a catro augas, sobre columnas de pedra. Ademais, ten uns cerramentos verticais laterais con un muro de mampostería en dous dos lados do ladavoiro.
Galería fotográfica
Emprazamento
O lavadoiro está situado na estrada PO-1201, case totalmente edificada e urbanizada. Atópase a un lado da rúa, entre dúas parcelas de vivendas particulares de dúas e tres alturas, unifamiliares na súa maioría.
Localización
Lugar: Porteliña
Parroquia: San Xurxo de Mogor