Descrición

Lavadoiro de pedra, de base rectangular, soterrado con respecto á rúa e con escaleiras de acceso. Cuberta inclinada dunha soa auga formada por vigas de madeira e tella cerámica curva. Conta con cerramentos laterais, por un lado co muiño do Cura e por outros dous con muros de mamposteria para a contención do terreo, e a fachada a rúa aberto de xeito que permite a entrada de ventilación e luz natural.

Galería fotográfica

Emprazamento

O lavadoiro atópase ao lado dunha estrada parcialmente edificada e urbanizada, próximo a vivenda rectoral da parroquia.

Localización

Lugar: Igrexario

Parroquia: Santa María de Ardán

Mapa de Localización

Foto 360