Descrición
Lavadoiro de pedra, de base rectangular, un metro máis baixo do nivel de rúa. Dispón dunha cuberta de tella cerámica curva a catro augas sobre unha estrutura de vigas de madeira vista que descansan en columnas cadradas de pedra. Ademais, ten uns cerramentos laterais con muros de mampostería, ata unha altura inferior á da cuberta, permitindo a entrada de luz natural.
Galería fotográfica
Emprazamento
O lavadoiro está situado xunto ao río Lameira, en zona baixa e de hortas. Atópase ao final da rúa Busto de Arriba, moi próximo á Urbanización Virxe do Carme e ao Centro de Saúde.
Localización
Lugar: Rúa Busto de Arriba
Parroquia: Santa María do Porto