Descrición

Lavadoiro de pedra, de base rectangular, a nivel de rúa e con acceso directo ao mesmo. Pavimentado con baldosa hidráulica e encaixonado no terreo. Non conta con cuberta nin con cerramentos laterais. Forma conxunto cunha fonte.

Galería fotográfica

Emprazamento

O lavadoiro atópase na estrada de acceso a Cabodevila desde a PO-551 (Marín-Bueu), nunha rúa secundaria de entrada a diferentes parcelas privadas e próximo a unha vivenda unifamiliar, tipo de edificación que se repite na contorna.

Localización

Lugar: Cabodevila

Parroquia: Santa María de Ardán

Mapa de Localización

Foto 360