Descrición
Lavadoiro de pedra, de base rectangular, soterrado aproximadamente un metro baixo o nivel do terreo. A súa cuberta é de tella cerámica plana sobre unha estrutura de vigas de madeira, que se asentan sobre columnas de formigón armado. Conta con cerramentos verticais laterais enfoscados, con ocos cara á rúa para a súa ventilación e recebir iluminación natural.
Galería fotográfica
Emprazamento
Este lavadoiro está situado na entrada de Soaxe a Bexa, nunha zona escasamente edificada e so urbanizada para uso de vehículos. Atópase moi próximo a unha ponte sobre o río Loira, nunha zona de hortas.
Localización
Lugar: Soaxe
Parroquia: Nosa Señora do Carme de Seixo