Descrición

Lavadoiro de pedra, de base rectangular, soterrado un metro con respecto ao nivel do terreo. Ten unha cuberta de forxado de formigón armado a duas augas  visto sobre columnas cadradas do mesmo material. Os seus cerramentos verticais laterais son muros de mampostería e só ata a altura da camiño, como contención do terreo.

Galería fotográfica

Emprazamento

O lavadoiro atópase no camiño que conecta a estrada PO-551 co paseo marítimo de Aguete, parcialmente edificada e urbanizada. Está situado nun lateral do citado camiño, cunha forte pendente e xunto a unha parcela de vivenda unifamiliar.

Localización

Lugar: Aguete

Parroquia: Nosa Señora do Carme de Seixo

Mapa de Localización

Foto 360