Descrición
Lavadoiro de pedra, de base rectangular sobre plataforma do mesmo material. Conta cunha cuberta de tella cerámica a catro augas sobre columnas cadradas de pedra. Os seus laterais son totalmente abertos.
Está situado a carón dunha fonte, coa que comparte ámbito e forman conxunto.
Galería fotográfica
Emprazamento
Este lavadoiro atópase a carón da estrada xeral Marín-Bueu, na encrucillada desta co acceso o lugar de Chan do Monte. Conta cunha fonte e nas inmediacións hai vivendas de unha e dúas alturas, na súa maioría unifamiliares.
Localización
Lugar: Avenida Aviador Calviño, na estrada PO-551 (Marín-Bueu), na zona de Portocelo.
Parroquia: San Xurxo de Mogor.