Descrición
Lavadoiro de pedra, de base rectangular, ao nivel do camiño, pegado a un muro de pedra de contención do terreo. Ten unha cuberta formada por viguetas prefabricadas de formigón e taboleiro cerámico sobre columnas cadradas do mesmo material. Non ten cerramentos laterais e forma conxunto cunha fonte.
Galería fotográfica
Emprazamento
O lavadoiro atópase preto da estrada PO-313 (Marín-Moaña), á altura de Silvestre. Está situado nunha curva pechada do camiño, a carón dunha fonte e ao lado do rego Neibó.
Localización
Lugar: Silvestre
Parroquia: Santo Tomé de Piñeiro