Descrición
Lavadoiro de pedra, de base rectangular, adosado a un muro de mampostería a nivel de rúa. Conta cunha cuberta de tella cerámica plana sobre unha estrutura de vigas de madeira vista, a catro augas, apoiada en columnas de pedra. Non ten cerramentos laterais, excepto un muro de mampostería de contención do terreo nunha das fachadas. Forma conxunto cunha fonte.
Galería fotográfica
Emprazamento
O lavadoiro atópase a uns dez metros da estrada de Cadrelo, nunha rúa de acceso a fincas privadas, con edificacións de unha e dúas alturas, sobre todo unifamiliares.
Localización
Lugar: Cadrelo
Parroquia: Santo Tomé de Piñeiro