Descrición

Lavadoiro de pedra, de base rectangular, apoiado sobre o terreo. A súa auga provén dunha fonte, coa que forma conxunto, que sobresae dun muro de cachotería de cerramento. Cuberta de tella cerámica curva, a catro augas, sobre columnas cadradas de pedra.

Galería fotográfica

Emprazamento

Este lavadoiro atópase nunha estrada de núcleo rural parcialmente edificada e urbanizada. Esta situado xunto ao camiño, en cota inferior, ao final de núcleo de poboación, con edificacións de dúas e tres alturas nas proximidades, sobre todo unifamiliares.

Localización

Lugar: Macenlle-Pardacuña

Parroquia: San Xulián

Mapa de Localización

Foto 360