Descrición

Lavadoiro de pedra, de base rectangular, estreito e alongado. Está situado ao carón do río Loira, do que recibe o seu nome e tamén a auga coa que se abastece. Conta cunha cuberta de tella cerámica curva sobre unha estrutura de vigas de madeira vista sobre columnas de pedra. Ademais, ten uns cerramentos laterais con un muro de pedra de un metro de altura, deixando o resto da fachada aberta.

Galería fotográfica

Emprazamento

O lavadoiro atópase próximo a un núcleo de poboación edificado, fronte á praia e xunto á desembocadura do río Loira. Está situado nunha zona verde axardinada, próximo a dous muíños e ás edificacións consolidadas deste barrio de pescadores, na súa maior parte vivendas unifamiliares.

Localización

Lugar: Loira

Parroquia: Nosa Señora do Carme de Seixo

Mapa de Localización

Foto 360