Descrición

Lavadoiro de pedra, de base rectangular, a nivel de rúa e pegado a un muro de cachotería vista. Dispón dunha cuberta inclinada, a catro augas, con tella cerámica curva sobre estrutura de madeira apoiada en muros de cachotaría e columnas de pedra. Os cerramentos laterais de tres das súas catro fachadas están feitas con muros de cachotaría vista. A cuarta queda aberta para iluminación e ventilación.

Galería fotográfica

Emprazamento

O lavadoiro atópase na estrada secundaria de acceso a Moreira, a uns 20 metros da PO-313 (Marín-Moaña). A primeira con edificacións de dúas e tres alturas, maioritariamente unifamiliares, mentras a segunda está totalmente edificada e urbanizada neste tramo.

Localización

Lugar: Pardavila

Parroquia: San Xulián

Mapa de Localización

Foto 360