Lavadoiros de Marín
Toda a información sobre os 52 lavadoiros do Concello de Marín
Investimento financiado pola institución provincial
Os Lavadoiros de Marín
Marín ten a gran fortuna de contar cun extenso e valioso patrimonio histórico e cultural, dentro do que se atopan os lavadoiros. O Concello leva anos recuperando e restaurando un bo número deles, como testemuñas da evolución das nosas parroquias, aldeas e barrios.
Nesta web abrimos un espazo para coñecer, nunha viaxe virtual, algo máis de medio cento destes lavadoiros. Do mesmo xeito, poñemos a disposición as ferramentas precisas para achegarvos fisicamente a cada un deles. Estades todos convidados!