Descrición

Lavadoiro de pedra, de base rectangular, situado sobre unha plataforma do mesmo material e acaroado a un muro de mampostería. Conta cunha cuberta de tella cerámica curva sobre unha estrutura de vigas de madeira vista sobre columnas cadradas de pedra. Carece de cerramentos verticais laterais e forma conxunto cunha fonte.

Galería fotográfica

Emprazamento

O lavadoiro atópase nunha encrucillada de rúas de uso peonil e para vehículos, con edificacións de dúas e tres alturas nas súas inmediacións, vivendas unifamiliares en maior medida.

Localización

Lugar: Encrucillada do Camiño de Pedreiras co Camiño da Fonte.

Parroquia: San Xosé do Cantodarea

Mapa de Localización

Foto 360